Acceso á tramitación de comunicacións de queima de restos agrícolas amoreados por internet

Instrucións

  1. Nesta páxina pode iniciar o proceso de comunicación de queima de restos agrícolas amoreados.
  2. Debe introducir o seu DNI/NIE e enderezo de correo electrónico e premer no botón "Iniciar proceso comunicación de queima".
  3. Seguidamente, o sistema enviaralle unha mensaxe ao seu correo electrónico coas instrucións para continuar o proceso de comunicación de queima de restos agrícolas amoreados.

Información básica sobre protección de datos persoais

O responsable do tratamento dos datos persoais facilitados para a xestión das comunicacións de queimas é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha obriga legal e dunha misión realizada en interese público, fundamentadas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os datos poderán ser comunicados a outras Administracións Públicas, de ámbito autonómico ou local, cando resulte estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento, o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

Datos de acceso

Máis información